sábado. 20.04.2024

A concelleira de Cultura e Educación, Raquel Rodríguez, e a titular de Normalización Lingüística, Marga Caldas, fixeron este martes entrega dos Premios aos Lectores do Ano, a través do cal a Biblioteca Municipal fai un recoñecemento a aquelas persoas que máis empréstamos realizaron nas dependencias situadas en Campelo.

A entrega destes obsequios (consistentes nun lote de libros) é xa un clásico do Nadal. Na categoría de adultos, o gañador foi Carlos Osma, mentres que na infantil o lector máis activo resultou ser Miguel García. As concelleiras nacionalista agradecen a fidelidade que, en xeral, está a presentar a veciñanza á hora de facer uso da biblioteca e de solicitar o préstamo de libros, que en 2021 experimentou un incremento con respecto a 2020.

 

Ademais, as dirixentes municipais tamén fixeron entrega da tradicional Cesta de Nadal que, coincidindo co sorteo da lotería do día 22, se realiza entre todas aquelas persoas que solicitaron préstamos ao longo do mes de decembro. Neste caso, o agraciado foi Pablo Arís.

A biblioteca municipal de Poio premia aos seus lectores máis fieis de 2021