sábado 27/11/21

Casazul abre a posibilidade de impartir cursos nas súas instalacións a colectivos e particulares

A Casazul pretende ser un referente da actividade sociocomunitaria potenciando a participación da sociedade civil e dos axentes sociais de xeito vertebrado e coordinado cunha admistración transparente e un alto nivel de tecnificación e compromiso dos seus recursos humanos polo que oferta a posibilidade a persoas, entidades ou empresas interesadas en impartir cursos ou actividades formativas para a poboación xeral que resulten de interese.

As actividades ofertadas se levarán cabo dende o mes de maio ata o mes de decembro.

Pode presentar propostas toda persoa, colectivo ou entidade que o desexe, situada en Pontevedra que, como mínimo cumpran os requisitos básicos: ser unha proposta acorde cos criterios establecidos pola Casazul tendo en conta para a selección a perspectiva de xénero e o emprego do idioma galego tal como establece a ordenanza municipal ao respecto. Estableceranse criterios de selección entre as propostas recibidas. Terán preferencia as solicitudes que desenvolvan a súa actividade e teñan como domicilio social no concello de Pontevedra.

As propostas poderán ser actividades de carácter socioeducativo (educación para a saúde, a igualdade, ambiental… ), socioculturais (promoción da cultura, interculturalidade, arte, música, teatro, cociña, xogos,…) sempre cun carácter integrador, non sexista, innovador e participativo favorecendo as relacións interpersoais e o traballo en equipo.

Todas as propostas teñen que vir acompañadas do currículum de monitores e monitoras que impartirán as actividades este ha de recoller o perfil formativo ou experiencia adaptada á actividade que desexa impartir.

Cada actividade porá un 10% das prazas ofertadas a disposición da Área de Benestar Social Municipal.

A Coordinación da Casazul está á vosa disposición para atender as vosas dúbidas concertando cita no Despacho 32 da Casazul, Zona 3, ou chamando ao 986804300 ext. 7451 en horario de 9.00 a 13.00 . Ou a través do mail [email protected]

O prazo de presentación de solicitudes será do 26 de marzo ao 06 de abril no rexistro Xeral do Concello de Pontevedra na rúa Michelena 30 ou ben no número de fax do Rexistro Xeral 886212843.

Casazul cursos para todos  

Casazul abre a posibilidade de impartir cursos nas súas instalacións a colectivos e...
Comentarios