A Casa das Campás acolle hoxe, 20 de abril, a partir das 20.00 horas, a primeira proxección do Cyclocinema, incluído no programa Pontenbici, que organiza a Concellaría de Transportes, que xestiona Miguel Filgueira.
A primeira das películas é Les triplettes de Belleville, dirixida por Sylvain Chomet, producción Francia-Canadá-Bélxica, ano 2002. Productores: Didier Brunner e Paul Cadieux. Guión de Sylvain Chomet. Supervisión de animación: Jean-Christophe Lie. Diseno de producción: Evgeni Tomov. Montaxe: Chantal Colibert. Música: Benoit Charest. Duración 78 minutos.
Película de animación de artesanía pura, lembra moito a idade dourada do xénero, non deixa nada a improvisación, cada detalle importa; a dirección artística é de premio. O ritmo é pausado, contemplativo, moi o estilo de Tatí.
Filme no que se demostra que o non chegar a unha determinada meta non implica unha derrota.
Protagonizada pola señora Sousa, unha avoa disposta a todo con tal de facer feliz ao seu neto: correr no Tour de Francia, a película estrenouse no 2003, cen anos despois do primeiro Tour.
É esta unha obra de atelier, feita con mimo e sen moralexas. É unha homenaxe a o cine de Jacques Tati, a unica imaxen real e a de “Jour de fête”.
Entre as súas escenas temos que destacar a da señora Sousa centrando unha roda por tensión ou a impresionante secuencia do concerto para frígorifico, aspiradora, periódico e roda de bicicleta descentrada.
Pero esquezendo todo isto o mais importante é sentarse diante da pantalla e disfrutar de esta película que é unha celebración de cine, de cine de verdade, do autentico 7º arte.