domingo 16/1/22

A concelleira de Educación de Poio pasa revista aos traballos de mantemento activos en diferentes centros educativos

O departamento dirixido pola nacionalista Raquel Rodríguez aproveita as vacacións de Nadal para dar continuidade a obras de posta a punto e reparación, actuacións que tamén se desenvolveron durante o verán.
raquel-rodriguez-poio
A concelleira de Educación, a nacionalista Raquel
Rodríguez, está levando a cabo estes días unha revisión dos traballos de posta a punto e
mantemento que se están a realizar nos diferentes colexios do municipio. A edil do
Goberno local explica que se trata, en liñas xerais, de tarefas de mantemento, que se
desenvolven aproveitando o cese de actividade por mor das vacacións de Nadal. Entre
estes labores atópanse, por exemplo, os que se están a efectuar no CEIP Chancelas, na
parroquia de Combarro, onde se están a poñer a punto os aseos. Ademais, no CEIP
Isidora Riestra, en San Xoán, colabórase na substitución de fiestras.
Rodríguez Alonso explica que, salvo imprevisto inesperado, estas actuacións estarán
listas de cara o comezo da segunda avaliación, fixada para o vindeiro 10 de xaneiro de
2022. Estas tipo de obras realízanse habitualmente nos períodos vacacionais, evitando,
deste xeito, que non afecten á actividade lectiva. As que se están a realizar na actualidade
dan continuidade ás efectuadas xa no pasado verán, entre as que destacaron, por
exemplo, as tarefas de acondicionamento desenvoltas no pavillón polideportivo do CEIP
Lourido, na parroquia de San Salvador, que serviron para dotar á infraestrutura dun maior
espazo para o gardado de material e equipamento.
“Estes traballos lévanse a cabo tendo en conta as necesidades e demandas que nos
traslada o tecido educativo, a quen lle agradecemos o seu interese e predisposición á
hora de coordinar co Concello este tipo de actuacións”, finaliza a responsable da área de
Educación.

A concelleira de Educación de Poio pasa revista aos traballos de mantemento activos en...
Comentarios