jueves. 28.03.2024

O Concello de Cuntis puxo en marcha as obras de mellora da praza traseira que serve para comunicar o concello e o novo local de servizos sociais.

O concello comezara por acometer a rehabilitación da fachada posterior da Casa do Concello, que sofría  graves problemas de humidades e filtracións de auga e tamén executar as obras de acondicionamento do inmoble que albergará as oficinas dos servizos sociais municipais e agora é a quenda de mellorar o acceso entre ámbolos dous edificios.

O obxectivo principal do proxecto é a mellora da accesibilidade que permitan acceder a calquera persoa aos inmobles, así como, humanizar un espazo que se atopaba en moi mal estado.

Esta obra acométese grazas a colaboración da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos.

O alcalde Manuel Campos resaltou que esta obra ven a rematar un proxecto iniciado coa rehabilitación da fachada da casa consistorial e a transformación do edificio contiguo  que agora albergará as oficinas dos servizos sociais municipais e permitirá albergar os servizos de maneira centralizada pero con maios espazo para os técnicos e usuarios.

O concello de Cuntis acomete a humanización da praza traseira da casa consistorial...