viernes. 19.04.2024

O Goberno municipal de Cuntis manifestou hoxe o seu compromiso coa Fundación Terra Termarum e o xacemento de Castrolandín .

O concello destinou durante o pasado ano 40.000€ para o funcionamento da Fundación Terra Termarum, cantidade que cubriu os gastos da mesma no ano 2020 e 2021. Esta achega faise mediante un convenio entre o concello e a Fundación para cubrir os gastos de contratación de persoal, alugueiro e funcionamento xeral.

O concello tamén promoveu a consolidación arqueolóxica para a intervención realizada o pasado ano. Esta intervención realizada fora do recinto amurallado foi financiada pola Deputación de Pontevedra e na que o concello de Cuntis aportou financiamento para consolidar as estruturas atopadas.

Ademais o propio concello realiza durante todo o ano un programa de mantemento, no cal se realizan diferentes rozados de maneira manual debido as necesidades do propio xacemento, podas e substitución de cartelaría ou outras necesidades que poidan aparecer.
O grupo de goberno valora moi positivamente o traballo realizado pola Fundación Terra Termarun a prol do xacemento de Castrolandín e aposta abertamente por seguir a liña establecida de conservación e mantemento pero non desbota a posibilidade iniciar novos estudos noutros xacementos que sen dúbida serían moi importantes tanto polo valor patrimonial como polo atractivo turístico.

O concello de Cuntis aportou durante o ano 2021 máis de 50.000 euros o mantemento do...