viernes. 08.12.2023

O Concello e a comunidade educativa de Cuntis seguen traballando en estreita colaboración co obxectivo de que o curso escolar poida seguir sendo o máis seguro posible tanto para os nenos e nenas como para o profesorado.

O alcalde Manuel Campos, informou de que o Concello de Cuntis realizará a compra de 3.000 máscaras infantís e 1.100 para adultos para satisfacer as necesidades do  CPI Don Aurelio.

A esta compra hai que sumar a compra de 3.000 máscaras infantís e 1.100 para adultos feita pola ANPA e 8.000 máscaras infantís e 5.000 para adultos feitas polo CPI Aurelio Marcelino Rey García.

Con esta compra conxunta poderán facer fronte con tódalas garantías a unha situación que se estende no tempo e aínda non ten data de remate.

"Somos conscientes de que o coronavirus está sendo unha lousa moi grande para moitas familias e profesionais, por iso dende o Concello de Cuntis queremos colaborar para que o curso escolar se desenvolva con tódalas garantías posibles", afirmou o alcalde.

O concello de Cuntis colabora co ANPA e o CPI na compra de máscaras para o novo curso...