domingo 16/1/22

O concello de Cuntis entrega os premios do primeiro concurso de mega-adornos de nadal buscando crear conciencia

Fomentar esta celebración de forma "responsable e respectuosa co medioambiente" foi o propósito que se marcou o Goberno local, para o que tratou de aproveitar este evento coa a finalidade de que a veciñanza "tomaran conciencia do volume de residuos que se xera".
premios-cuntis

O Concello de Cuntis convocou un concurso de mega-adornos do Nadal, cuxa principal peculiaridade estribaba en que deberán ser elaborados con materiais reciclados, moitos dos materiais usados foron botellas, latas, envases ou anacos de madeira.. Unha das esixencias eran as dimensións porque non podían medir menos de 120 centímetros de ancho ou de alto.

Os premios en categoría individual foron o 1º premio para María Dolores Diz Villar cun adorno situado diante do Centro Patelas cunha dotación de 150€ e o 2º premio foi para Tatiana Fontenla Cortes cun adorno situado na Circunvalación (a altura dos semáforos) cunha dotación de 100€.

En categoría grupal o 1º premio foi para Asociación Río Gallo cun adorno situado na Praza das Árbores e 250€, o 2º premio foi María Espiño Albela cun adorno situado no parque de “A Feira” e 150€ e o 3º premio recaeu en María Josefa Ríos cun adorno situado na Circunvalación (explanada Supermercado Claudio) e 100€.

O Xurado estivo formado por Cruz Sande Silva (decoradora de Interiores e veciña de Cuntis), Concepción Velasco Aedo (decoradora de Interiores e veciña de Cuntis) e María Isabel Eiras Miguéns (publicista e veciña de Cuntis).

A temática era libre premiándose a orixinalidade, materiais, estética, a complexidade da montaxe e a iluminación así como os compoñentes.

Fomentar esta celebración de forma "responsable e respectuosa co medioambiente" foi o propósito que se marcou o Goberno local, para o que tratou de aproveitar este evento coa a finalidade de que a veciñanza "tomaran conciencia do volume de residuos que se xera".

O concello de Cuntis entrega os premios do primeiro concurso de mega-adornos de nadal...
Comentarios