viernes. 08.12.2023

O Concello de Cuntis segue coa súa aposta polo rural cunha intervención de mellora de camiños na aldea de Fontecova. 

A presente obra tiña ten a finalidade de mellorar o firme nun tramo do camiño de acceso e do interior do lugar de Fontecova que se atopoba en moi mal estado .
A actuación cubriu unha lonxitude de 1.100 m. cunha superficie de 6.270 m2.

Ademais, procedeuse á construción de bandas redutoras de velocidade que aumentarán a seguridade da Vía, ao igual có pintado. 

Como complemento ás obras de pavimentado estanse a realizar traballos de acondicionamento e mellora de dous elementos de valor etnográfico e cultural, como son un lavadoiro e unha fonte. 

O importe do proxecto ascende a 92.580,00 € e fináncianse a través dunha subvención do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra (72%) e con fondos propios do Concello (28%).

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, sinalou que este novo proxecto reflicte o compromiso do goberno municipal por seguir mellorando as infraestruturas no rural e por dar resposta ás necesidades da veciñanza facilitando unhas boas conexións por estrada. 

O alcalde e os concelleiros do grupo de Goberno que se reuniran coa veciñanza de Fontecova deron resposta a diversas demandas de mellora que solicitaron e que se verán rematadas na vindeira semana. 

O Concello de Cuntis está a piques de rematar os traballos de mellora no núcleo rural...