lunes. 25.09.2023

O Concello de Cuntis traballa na presentación dun proxecto para a mellora da conca do río Gallo ante a convocatoria de Fondos Europeos.

O Alcalde Manuel Campos manifestou que “Estas convocatorias de fondos son unha oportunidade única para o noso concello, polo tanto teremos que competir con outros moitos concellos e entidades do territorio español, pero non debemos de deixar pasar esta oportunidade que se nos presenta”
rio-gallo

O Concello de Cuntis está a traballar nun proxecto para a conca do rio Gallo para concorrer a Convocatoria de subvencións da Fundación Biodiversidade  F. S. P., para o fomento de actuacións dirixidas á restauración de ecosistemas fluviais e á redución do risco de inundación nas contornas urbanas a través de solucións baseadas na natureza, correspondente ao ano 2021 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea –  NextGenerationEU.

O obxecto desta convocatoria é a concesión de axudas para o fomento de actuacións dirixidas á restauración de ecosistemas fluviais e á redución do risco de inundación en contornas urbanas españolas a través de solucións baseadas na natureza. Estas actuacións, que poderán ser levadas a cabo naqueles tramos fluviais onde resulten máis efectivas, deben necesariamente contribuír á mellora do estado ecolóxico do sistema fluvial.

Por iso, o concello de Cuntis traballa na elaboración dun proxecto para a mellora integral da conca do rio Gallo ao que intentará optar á máxima puntuación, posto que, según as bases da convocatoria  poderá chegarse a un máximo de catro millos de euros.

A este proxecto poderían sumarse outros concellos da conca do Río Umia, polo que o concello de Cuntis traballa arreo para preparar unha solución na que ademais se atopan algúns dos obxetivos recollidos no plan de riscos de inundación ademais de ter en conta aos seus afluentes.

O Alcalde Manuel Campos manifestou que “Estas convocatorias de fondos son unha oportunidade única para o noso concello, polo tanto teremos que competir con outros moitos concellos e entidades do territorio español, pero non debemos de deixar pasar esta oportunidade que se nos presenta”

O Concello de Cuntis traballa na presentación dun proxecto para a mellora da conca do...