viernes. 29.03.2024

O Concello de Cuntis mostrouse cauto con respecto a celebración do desfile de entroido despois da reunión do grupo de goberno e confirmou que a festa do Lacón con grelos non poderá celebrarse a comezos de marzo.

Manuel Campos comentou que están a espera do novo protocolo da Covid-19 para os desfiles de entroido antes de tomar unha decisión en firme.

O rexedor tamén comentou que se o protocolo o considera factible e a pandemia o permite, o concello celebrará o entroido atendendo as medidas que sexan necesarias para garantir a seguridade das e dos asistentes.

Con respecto a celebración da festa do Lacón con Grelos o grupo de goberno considera inviable nestes momentos a celebración posto que non sería factible cumprir con tódalas medidas pertinentes e polo tanto suspéndese a festa gastronómica.

Sen embargo, o concello traballa paralelamente nunha programación complementaria que permitan celebrar esta festa noutra data neste mesmo ano.

Manuel Campos tamén comentou que traballa xunto co seu equipo de goberno na posibilidade de facer outro tipo de promoción deste prato gastronómico, pero que nestes intres por responsabilidade política é inviable a celebración tradicional.

Cuntis anuncia que suspende a Festa do Lacón con Grelos