jueves. 28.09.2023

A Comisión de Goberno aprobou esta mañá o convenio coa Deputación de Pontevedra con un proxecto que mellorará a calidade de vida dos veciños e veciñas. Trátase dunha actuación que pretende a   “Recuperación, Mellora e Urbanización de espazos públicos, co obxectivo de darlles un uso plural, amable, e de fomentar a estancia e as mobilidades alternativas, na liña dos principios Ágora, establecidos pola Deputación de Pontevedra na rede de Concellos Ágora polo espazo público“

O proxecto pretende a mellora integral dun dos barrios que máis actividade ten do concello, dado que nel se encontra situado o Centro de Saúde e o Auditorio municipal , a medida pretende a renovación integral de todos os servizos desas rúas e a transformación das mesmas en plataforma única,  implementación de elementos de sinalización e a renovación do parque infantil e ampliando as zonas de desfrute social dos veciños nestas rúas, polo tanto un antes e un despois para cumprir cos obxectivos da axenda 2030.

Cuntis aproba o convenio coa Deputación de Pontevedra para o programa Reacpon