domingo 23/1/22

Cuntis entrega os premios do segundo concurso de decoración e iluminación de Nadal

Conchi Campos deulle a noraboa en especial aos premiados e agradeceu o labor realizado polo conxunto do comercio cuntiense para ambientar o pasado Nadal e animar, deste xeito, a actividade económica e social.

cuntis-escaparates

O Concello de Cuntis acaba de dar a coñecer os establecementos gañadores do II Concurso de Decoración e Iluminación de Nadal posto en marcha co obxectivo de involucrar aos establecementos de municipio na decoración dunhas festas tan atípicas marcadas pola situación sanitaria provocada pola Covid-19 e, ao tempo, animar o ambiente e as compras no comercio de proximidade.

O 1°premio, valorado en 200 euros a gastar nos establecementos participantes foi para a Fundación Terra Termarum. O 2° premio, valorado en 150 euros recaeu en Gloss Moda, o 3°premio valorado en 100 euros foi para Salón de Peiteado Lourdes, o 4º premio de 50€ foi para Bottino&Tacco e o 5º de tamén 50€ premio foi para Calzados Mapi.

O Xurado estivo formado por Cruz Sande Silva (decoradora de Interiores e veciña de Cuntis), Concepción Velasco Aedo (decoradora de Interiores e veciña de Cuntis) e María Isabel Eiras Miguéns (publicista e veciña de Cuntis).

A entrega de premios tivo lugar o pasado xoves coa presencia da tenente de alcalde e concelleira, Conchi Campos.

A concelleira destacou a alta participación no certame así como o gran nivel de todos os establecementos participantes, que realizaron un esforzo importante adornando e iluminando o seu escaparate ou as zonas exteriores con motivos de Nadal, de acordo ao establecido nas bases do concurso.

Conchi Campos deulle a noraboa en especial aos premiados e agradeceu o labor realizado polo conxunto do comercio cuntiense para ambientar o pasado Nadal e animar, deste xeito, a actividade económica e social.

Cuntis entrega os premios do segundo concurso de decoración e iluminación de Nadal
Comentarios