jueves. 28.03.2024

O Concello de Cuntis xestionou este ano preto de mil notificacións por incumprimento da lei de prevención de incendios forestais para os que adica a estas tarefas a unha técnica do departamento de medio ambiente do concello .

Estas tarefas de inspección desenvolvéronse tanto por denuncias de particulares como polas propias inspeccións realizadas de oficio polo propio concello de Cuntis,  unha tarefa moitas veces complicada dado que os datos de titulares que figuran nas bases de datos de catastro non se corresponden cos actuais propietarios e obriga aos técnicos a realizar labores de investigación para determinar a propiedade das parcelas afectadas. A pesares disto, o concello tramitou moitos expedientes que remataron de forma positiva coa limpeza das parcelas. 

Comentaba o alcalde que “O concello é consciente da dificultade que teñen moitos expedientes ata que realmente se executa a limpeza”.

Pero esta non é a única medida que acomete o concello de Cuntis na prevención de incendios, posto que o concello realiza labores de limpeza nas vías de titularidade municipal con tres tractores propios do parque de maquinaria e coa axuda de maquinaria externa en épocas puntuais do ano en que se acumula moito traballo. Así mesmo realiza labores preventivas en zonas de concentración parcelaria nos meses de inverno.

Outras das acción que realiza o concello é a contratación dunha brigada de incendios nos meses de alto risco e pon a disposición da concelleira un camión motobomba. Tamén ten contratada unha persoa mediante o programa APROL RURAL que realiza traballos de limpeza e prevención n parcelas e vías de titularidade municipal.

Cuntis tramitou preto de mil notificacións por incumprimento na xestión da biomasa vexetal