domingo 28/11/21

Expertos chegados de toda España analizaron no foro Unirede as novas tendencias en promoción turística

Un cento de profesionais relacionados coa xestión das Redes Sociais e o marketing online participaron este sábado en Unirede, o foro galego da web 2.0, que celebrou en Pontevedra a súa cuarta edición coa cento posto na gastronomía e no turismo.

Un cento de profesionais relacionados coa xestión das Redes Sociais e o marketing online participaron este sábado en Unirede, o foro galego da web 2.0, que celebrou en Pontevedra a súa cuarta edición coa cento posto na gastronomía e no turismo.

O congreso contou coa participación de destacados expertos chegados de diferentes puntos de España como

Erika Silva, Mario Schumacher, Alfredo Vela Zancada, Damián Melero, Roberto Pérez Marijuán, Juan J. Romero, Fidel Martín, Christian Delgado, Alfonso López, Rubén Amorín, Mónica Castelao, Pablo Melián, Marta Valcarce, Lucía Pita, Alberto Rivas, Faustino Batallán, Tania Carreira e Nicolás Álvarez.

A concelleira Carlota Román foi a encargada de abrir o evento para destacar a aposta de Pontevedra pola promoción turística online. Unha aposta que, como destacou Fidel Martín, produciuse hai tres anos, cando case ninguén facía estas cousas; hoxe é fácil dicir que un destino está na Internet, pero cando Pontevedra comezou había moi poucos.

Carlota Román destacou o esforzo dende Pontevedra e A Coruña, as dúas cidades máis activas na promoción 2.0, e lembrou que a comezos deste mandato municipal había escasa información relevante na nube.

Agora ao buscar Pontevedra ou Pontevedra turismo en Google aparecen inmediatamente referencias profesionais á cidade encabezadas polo sitio de “visit-pontevedra”, atópase un vídeo oficial (Viajando con Diego) que supera as 160.000 visitas, páxina en Facebook, presenza en Twitter, Instagram…

Ravachol xa non é só un revolucionario francés, é tamén o loro que preside o Entroido e o concurso PontedeTapas é coñecido e recoñecido en toda España pola súa difusión a través das Redes.

Unirede, que se distribuíu en xornada de mañá e tarde, puxo tamén o énfase na necesidade de que a estratexia turística dos destinos estea liderada polos empresarios do sector privado, que son os que reciben o retorno económico da presencia dos visitantes, reservando á Administración un labor de acompañamento.

Un sector privado forte, ben organizado en asociacións e traballando profesionalmente a prol dos intereses comúns, é a mellor garantía de éxito.

Finalmente, apuntáronse as novas tendencias tanto en tecnoloxía como en márketing dixital. Neste eido adiantouse o impacto que vai ter a chegada da tecnoloxía NFC aos teléfonos móbiles, outro aspecto no que Pontevedra xa deu o primeiro paso, incorporando este estandard (que deixa obsoletos os códigos QR e os habituais Bluetooth) ao punto de información turística da Casa da Luz.

Expertos chegados de toda España analizaron no foro Unirede as novas tendencias en...
Comentarios