viernes. 29.03.2024

Esta mostra recolle a serie de cen gravados realizada por Pablo Picasso entre setembro de 1930 e marzo de 1937.

Toma o seu nome de Ambroise Vollard, un dos influíntes marchantes do célebre artista. Inicialmente composta por noventa e sete gravados, engadíronselle tres retratos de Vollard, ata completar os cen que a conforman.

Considerada a obra cumio do gravado do século XX, é unha especie de diario íntimo en imaxes do artista no que utiliza as técnicas da augaforte, buril, punta seca e augatinta.

Horario: de martes a sábados, de 10.00 a 21.00 h; domingos e festivos, de 11.00 a 14.00 h; luns, pechado

Entrada libre e gratuíta

Exposición “A Suite Vollard de Picasso nas coleccións ICO”