jueves. 28.03.2024

Do 19 de xuño ó 6 de xullo o Museo Municipal de Ponteareas exhibe unha serie de fotografías sobre as tarefas do campo e do mar na Galicia de finais do século XIX e principios do XX.

Nelas poden observarse oficios xa desaparecidos e outros que continúan vixentes, pero dos que estas instantáneas nos permiten observar a grande evolución que experimentaron.

As imaxes que compoñen esta exposición pertencen non só a fotógrafos profesionais coma Zagala, Pintos, Ferrer, Sarabia, Fernández de los Ríos ou Moreira, senón tamén a persoas anónimas que cederon testemuños moi valiosos.

Exposición “Oficios e traballos nas imaxes do pasado” en Ponteareas