miércoles 8/12/21

Festa do Entroido en Catoira

O domingo 3 de marzo celébrase a Festa de Entroido en Catoira. O desfile comeza ás 17:30 horas na Praza do Doutor Vázquez, encabezada polo Meco Mexillón e a Charanga Noroeste. O percorrido remata no Pavillón Municipal de Deportes, onde se celebra o desfile infantil e o concurso de comparsas.

O domingo 3 de marzo celébrase a Festa de Entroido en Catoira. O desfile comeza ás 17:30 horas na Praza do Doutor Vázquez, encabezada polo Meco Mexillón e a Charanga Noroeste. O percorrido remata no Pavillón Municipal de Deportes, onde se celebra o desfile infantil e o concurso de comparsas. As comparsas teñen de prazo ata o luns 25 de febreiro para inscribirse.

 

CONCURSO COLECTIVO:

REQUISITOS: As comparsas deberán estar integradas por un mínimo de 15 persoas, representadas por unha persoa maior de idade. Deberán representar a idea central do seu disfrace na Festa de Disfraces que terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes despois do desfile polas rúas do municipio o domingo 3 de marzo. INCENTIVO: Establécese un incentivo de 100 euros para as dez primeiras comparsas que se inscriban e participen no concurso.

 

PREMIOS: 1º premio de 300 €, 2º premio de 200 € e 3º premio de 100 €. Os premios ás mellores comparsas serán outorgados por votación do público asistente. INSCRICIÓN: no departamento de Cultura do Concello (Tf. 986 546 014, Ext. 3036), dende o 4 ao 25 de febreiro de 2019.

 

DESFILE DE DISFRACES INFANTIL:

Haberá obsequios para os rapaces/zas que acudan disfrazados/as e participen no desfile que se celebrará no Pavillón Municipal de Deportes (ata fin de existencias).

 

CONVOCATORIA:

Tódolos/as participantes deberán concentrarse na Praza do Dr. Vázquez (Estación de FFCC) ás 17:30 horas do domingo 3 de marzo. O desfile de comparsas e disfraces partirá deste punto e percorrerá a Rúa da Estación para rematar no Pavillón Municipal de Deportes. En caso de chuvia o desfile comezará no Pavillón ás 18:00 horas.

Festa do Entroido en Catoira
Comentarios