sábado. 20.04.2024

As Festas do Carme volverán encher de ledicia o noso municipio. Enmarcadas dentro da programación xeral dos tres meses de verán, son os
días festivos máis relevantes da nosa vila, na que se honra á Virxe do Carme e na que se programan os pratos máis fortes a nivel musical e de
dinamización.

As concelleiras Beatriz Rodríguez e Itziar Álvarez presentaron o cartel deste ano, realizado pola ilustradora Abi Castillo, que quixo enfatizar os
elementos máis icónicos desta festa: as flores e as embarcacións, coidadas polas mans da Virxe, que sostén á tradición mariñeira.

A imaxe poderá verse de xeito intercalado coa campaña de Un Verán con Xeito polas principais rúas da vila, en formato de lonas.

Programación completa, xa na web!
Por outra banda, xa se pode consultar a programación de Un Verán Con Xeito, o verán de Marín, onde tamén se recollen as citas imperdibles dos
días das Festas do Carme.

Pode consultarse a través desta web e os establecementos de hostalaría que teñan interese en incluir a súa programación poderán facelo enviando
os eventos a [email protected]:
https://www.concellodemarin.es/unveranconxeito

A Festividade do Carme volve converterse en cartel da man de Abi Castillo