jueves. 28.03.2024

A Directora da Axencia Galega de Doazóns de Sangue(ADOS), Dra. Marisa López García, remitiu fai uns días unha carta ao Alcalde da Guarda, para facer constar o agradecemento e a axuda recibida do Concello da Guarda coa labor de sensibilización social a prol da doazón de sangue.
A Axencia de Doazóns de Órganos e Sangue é un servizo esencial no soporte da actividade asistencial dos nosos hospitais e as especiais dificultades que estamos a vivir trala declaración da pandemia. Así e todo a colaboración cidadá foi encomiable en Galicia o que supuxo poder atender as necesidades que se presentaron.
Dende ADOS e dende o Concello da Guarda se quere felicitar aos veciños e veciñas da vila que unha vez máis volveron a destacar como con concello de maior taxa de doazóns de sangue da provincia de Pontevedra, con 700 doazóns de sangue no ano 2020, o que representa 70 doazóns por cada 100.000 habitantes e ano, por riba das 40/100.000 habitantes que marca a OMS.

A Guarda foi o concello de Pontevedra coa maior taxa de doazóns de sangue no ano 2020