viernes. 29.03.2024

O Candidato popular á Alcaldía de Pontevedra, Jacobo Moreira realizou este luns unha valoración da enquisa electoral sobre intención de voto publicada esta fin de semana. Jacobo Moreira considera que hoxe en día, non votar ao Partido Popular pode facilitar a maioría absoluta do BNG. “Sendo obxectivos, o debate electoral divídese entre o Partido Popular e os nacionalistas, sen menosprezar ás demais forzas políticas”, avanzou o Candidato popular tras asegurar que nos estudos internos que baralla a súa formación “tamén se reflicte a tendencia ao cambio”.

 

“Como vén sendo tradicional nestas enquisas, o Partido Popular a nivel local non aparece como gañador, pero temos claro que nós traballamos para gañar a enquisa máis importante que é a do vindeiro 24 de maio”, sinalou Jacobo Moreira.

 

Para o Candidato popular durante o último mes producíronse dous feitos relevantes que se reflicten nestas enquisas. Por unha banda, a eclosión a nivel nacional de Ciudadanos, e por outra banda, o coñecemento dun novo caso de corrupción política. Ante esta situación, o Candidato popular expresou o seu compromiso e o do Partido Popular de Pontevedra contra a corrupción, “lamento que estes casos sigan desprestixiando a política e aos políticos”, apuntou Jacobo Moreira que asegurou ademais sentirse “avergonzado polo caso de Rodrigo Rato, como persoa do Partido Popular”.

 

“Serei o primeiro en rexeitar publicamente estes comportamentos porque condeno a corrupción sexa do partido que sexa”, engadiu. Nos últimos meses, o Candidato popular á Alcaldía de Pontevedra vén realizando unha serie de accións que lle “permiten ser optimista de cara ás eleccións do vindeiro 24 de maio”.

 

Entre estas accións están as oito visitas ao fogar de varios veciños de Pontevedra que , tal e como se comprometera a principios do pasado mes de marzo, vén realizando Jacobo Moreira nas últimas semanas. Ademais, o Candidato popular reuniuse con máis de corenta asociacións e levou a cabo unha serie de reunións por barrios con veciños, “cafés co cidadán”, co fin de escoitar as necesidades reais de Pontevedra. “Todo o mundo séntese orgulloso do bonita que está a cidade, eu son o primeiro, pero, tal e como me transmitiron, os veciños séntense totalmente desprotexidos polo goberno actual.

 

Aos pontevedreses lles entristece ver como pechan comercios, ver que non hai traballo e como a cidade está a sufrir un apagamento económico”, sinalou o Candidato popular.

 

“Temos plena seguridade no que estamos a facer, estamos coñecendo a realidade dos pontevedreses, eles nos están coñecendo persoalmente, que isto é moi importante en política municipal. Temos claro qué queremos facer e cómo temos que facelo para afrontar con garantías as vindeiras eleccións municipais”, sentenciou Jacobo Moreira.

Jacobo Moreira: “As gañas de cambio que amosan os pontevedreses pasan por votar ao...