jueves 19/5/22

Para o Partido Popular de Pontevedra, a actitude amosada polo alcalde Lores con respecto a planta de compostaxe deixa ver, unha vez máis, a súa falta de criterio con determinadas parroquias de Pontevedra. Ante esta situación, Jacobo Moreira empraza ao alcalde a que saia do seu despacho e se achegue ata Pontesamapio, “se é que lembra onde queda”, co fin de coñecer a postura dos veciños contrarios á instalación da planta de compostaxe na Canicouva.

 

O presidente do Partido Popular de Pontevedra deu o seu apoio á planta de compostaxe “condicionado a que este non suscitase rexeitamento veciñal, e manteño esta mesma postura dende un principio”, sinala Jacobo Moreira, “Lores ten que deixar ese escurantismo co que acostuma a traballar a un lado, escoitar e falar con transparencia cos veciños”, engadiu. Jacobo Moreira insiste en que, unha vez máis, o seu sitio está a carón dos veciños de Pontevedra. Ademais, o Partido Popular urxe ao goberno local a deixar de sementar o caos.

 

“Temos un goberno de tolos. O camiño do bipartito hai tempo que se bifurcou e, por desgraza, os únicos afectados están a ser os veciños de Pontevedra”, advirte o presidente local, en referencia ás discrepancias internas que este asunto está a crear no goberno local.

Jacobo Moreira: “Lores debería saír do despacho e falar cos veciños de Pontesampaio”
Comentarios