viernes. 29.03.2024

Despois de que o proxecto da nova Lei de Telecomunicacións que está a tramitar o Goberno que preside Mariano Rajoy prevea eliminar o requisito de licenza municipal para a instalación de antenas de telefonía móbil, o tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo pontevedrés, Antón Louro, denuncia este novo ataque á autonomía municipal.

 

Sen embargo, o Goberno de España non se contenta con apartar aos concellos da autorización das antenas, senón que fai o mesmo cos veciños, ata o punto que a nova norma contempla a posibilidade de expropiar o uso das cubertas dos edificios, introducindo servidumes forzosas. Antón Louro entende que, unha vez máis, o Executivo lexisla a prol dos grandes intereses económicos e sen ter en conta os intereses dos cidadáns.

 

Na súa opinión, resulta incomprensible que as antenas podan instalarse sen licenza municipal e sen autorización das comunidades de veciños. Por outra banda, o proxecto de lei suporá, de saír adiante, a inmediata perda de vixencia do artigo 181 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra, que imposibilita a instalación nas cubertas dos edificios de elementos alleos a estes.

 

Tamén queda en cuestión a normativa urbanística do Plan Especial do Centro Histórico (Peprica) que prohíbe expresamente as antenas. A futura lei suporá a anulación das ordenanzas urbanísticas reguladoras específicas para este tipo de estruturas que se teñen aprobado noutros concellos onde non había marco xurídico suficiente para ordenar as licenzas.

Louro denuncia o novo ataque do Goberno de Rajoy á autonomía municipal ao impoñer as...