jueves. 28.03.2024

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, asistiu na mañá deste mércores ao acto de presentación das novas instalacións do tanatorio municipal de San Xoán, que xestiona a empresa San Marcos, e que veñen de experimentar unha importante renovación. O rexedor estivo acompañado polo xerente da firma, Juan Perdiz, e o chef Pepe Solla, que foi o encargado de preparar un ágape para a ocasión. También estiveron presentes representantes da Corporación municipal.

Durante a súa intervención, Luciano Sobral destacou a importancia de que Poio conte cunhas instalacións tan modernas, moi necesarias para prestar "o servizo indispensable que realizan". Ademais, agradeceu ao xerente o "importante investimento e a aposta á hora de realizar estas melloras".

Luciano Sobral asiste ao acto de presentación das novas instalacións do tanatorio...