miércoles. 15.01.2025
Convértese na segunda exposición máis visitada do Museo de Pontevedra, só superada pola de motos históricas

Máis de 40.000 persoas visitaron a exposición "Da vida á morte no Antigo Exipto", que pechou onte as súas portas

Máis de 40.000 persoas visitaron a exposición "Da vida á morte no Antigo Exipto", aberta ó público o 10 de xullo e que onte pechou as súas portas. Convértese así na segunda exposición máis visitada do Museo de Pontevedra, só superada pola de motos históricas que acolleu o Edificio Sarmiento en 2012 e pola que pasaron 46.500 persoas.

Máis de 40.000 persoas visitaron a exposición "Da vida á morte no Antigo Exipto", aberta ó público o 10 de xullo e que onte pechou as súas portas. Convértese así na segunda exposición máis visitada do Museo de Pontevedra, só superada pola de motos históricas que acolleu o Edificio Sarmiento en 2012 e pola que pasaron 46.500 persoas.


O contido desta exposición, na que os visitantes puideron achegarse á vida e ás crenzas do Antigo Exipto a través de 132 pezas procedentes do Museo Exipcio de Florencia, espertou un enorme interese desde o primeiro momento, o que levou á Deputación de Pontevedra a ampliar en máis dun mes a duración prevista inicialmente.


De feito, a mostra, dirixida por Francisco J. Martín Valentín e Teresa Bedman, director e xerente do Instituto de Estudos do Antigo Exipto, respectivamente, superou todas as expectativas, e xa no mes de agosto se rexistraron máis de 1.000 visitas en varios dos días de apertura da exposición. Por iso, aínda que estaba prevista a súa clausura o 31 de agosto, a Administración provincial solicitoulle ó Museo Exipcio de Florencia o seu mantemento ata o 5 de outubro.


Así mesmo, foi preciso incrementar a frecuencia das visitas guiadas programadas (polas que pasaron máis de 1.500 persoas) dunha semana a sete, para poder atender a elevadísima demanda.


O interese por entender e afondar na realidade da antiga civilización exipcia púxose de manifesto tamén na enorme petición de visitas guiadas e organizadas expresamente para grupos. Así, foron máis de 2.500 persoas as que puideron coñecer en detalle a exposición nestas visitas, solicitadas principalmente por centros escolares, asociacións, ludotecas e outros colectivos.


Motor cultural


A mostra "Da vida á morte no Antigo Exipto" confirma a capacidade do Museo de Pontevedra para exercer de verdadeiro motor do dinamismo cultural da cidade e da provincia.


Á posta en valor dos seus propios fondos, o Museo de Pontevedra súmalle a súa capacidade para atraer actividades e exposicións de gran peso na nosa comunidade, e tamén en España e a nivel internacional.


Aí está esta mostra, con pezas dun dos principais museos do mundo sobre a civilización exipcia; pero tamén a de motos históricas, con vehículos dunha das coleccións máis importantes a nivel internacional; ou outras coma "Sopros de Nadal" ou "Historia do tren de xoguete español".


Outras mostras destacadas que acolleu o Museo foron a retrospectiva sobre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no ano 2000, a de xoguetes da Casa Payá de 1991 ou unha sobre navegación na época de Carlos V.


Todas elas figuran entre as máis visitadas do Museo de Pontevedra, pero a moitísima distancia da que onte pechou as súas portas ou da de motos históricas.

Máis de 40.000 persoas visitaron a exposición "Da vida á morte no Antigo Exipto", que...