sábado. 20.04.2024

Maña venres 26 de setembro terá lugar o acto final da campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas que baixo o lema " As compras na túa vila teñen premio " desenrolouse en Pontevedra entre os días 15 e 26 de setembro.

O acto terá lugar nos arredores da carpa da campaña instalada na Praza de España. Ás 20:00 horas terá lugar o sorteo dos 4.000 € en premios.

Contarase coa presencia do Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; a Directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez; representantes de Asociacións CCU Zona Monumental de Pontevedra e Aempe e o alcalde en funcións Antón Louro.

Durante a xornada da tarde poderán disfrutar dunha serie de animación nas rúas tales como pasarrúas, zancudos e malabaristas. Ás 17:00 horas haberá animación a cargo de Funky-Party; ás 18:00 horas terá lugar o espectáculo do mago cómico " O Rey Midas " e as 19:30 Horas actuará o grupo Brokan-Peach

Mañá, 26 de setembro terá lugar o acto final da campaña " As compras na túa vila teñen...