viernes 22/10/21
MOCIÓN. PSdeG-PSOE

Moción do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE en contra da reforma oportunista da lei electoral

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación, esta MOCIÓN EN CONTRA DA REFORMA OPORTUNISTA DA LEI ELECTORAL en base á seguinte EXPOSICIÓN DE MOTIVOS...

Os medios de comunicación teñen avanzado estes días a intención do Goberno de España e de destacados dirixentes do Partido Popular de seguir adiante coa Reforma de la Lei Electoral para a elección directa de alcaldes, aínda que non conten co apoio do principal partido da Oposición, ou sexa do PSOE.


O pasado 28 de xullo, Pedro Sánchez, Secretario Xeral do PSOE, na súa entrevista co el Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, amosou o seu desacordo coa reforma electoral proposta, trasladando un NON rotundo ao cambio de elección de alcaldes, por entender que no se poden propor cambios de tanto calado sen o máis mínimo grao de acordo político e, aínda menos, a poucos meses das Eleccións Municipais.


Nestes momentos, ás portas dunha nova cita coas urnas, esta reforma electoral polo método do “rodillo parlamentario” só pode ser cualificada como oportunista e prepotente.


A estratexia do PP consiste en lanzar un globo sonda, dicir que están abertos ao diálogo e acusar ao resto de forzas políticas de non querer alcanzar acordos. Entendemos que a política é diálogo, negociación e acordo, pero tamén cumprir coas normas das que os españois nos temos dotado democraticamente.


O Goberno do PP non pode cambiar las regras de xogo minutos antes de terminar o partido. Por tanto, debe explicar por que ten tanta présa en abordar esta Reforma Electoral coa que só pretende axustar o réxime municipal aos seus intereses partidistas, unha afirmación esta que concorda perfectamente coa consolidación e potenciación das Deputacións Provinciais, é dicir, da peza menos democrática do mapa administrativo español.


Máis aínda cando as pretendidas reformas da Administración Local teñen sido un auténtico fiasco que non teñen contribuído en nada nin á modernización, nin á racionalización dos Entes que a compoñen. Aínda máis, só contribuíron a xerar problemas pola vía da retirada de competencias aos concellos, o que acabou forzando ás Administracións autonómicas (entre elas as gobernadas polo PP) a aprobar Decretos que, na práctica, derrogan boa parte do lexislado polo Goberno de España.


Por todo elo, o Grupo Municipal Socialista somete a votación esta MOCIÓN e propón o seguinte
ACORDO:


1.- O Pleno do Concello de Pontevedra diríxese á Presidencia do Goberno de España para amosar o seu REXEITAMENTO EXPRESO da modificación da LOREG proposta polo PP para elixir directamente aos alcaldes e alcaldesas e desprestixiar así os acordos democráticos entre as forzas que concorran ás Eleccións Municipais, expresivos da maioría cidadán saída das urnas.


Setembro 2014
O Portavoz Municipal do Grupo Socialista


Antón Louro Goyanes
 

Comentarios