miércoles 1/12/21

“Non hai futuro sen nós”

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, adicou as mulleres da provincia o seu primeiro acto institucional da lexislatura, nun encontro que se celebrou na Praza Concepción Areal de Pontevedra.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, adicou as mulleres da provincia o seu primeiro acto institucional da lexislatura, nun encontro que se celebrou na Praza Concepción Areal de Pontevedra.

 

Deputadas de distintas formacions políticas, alcaldesas, concelleiras, sindicalistas, empresarias e mulleres profesionais da industria, o comercio, a cultura, o ensino, a sanidade, a comunicación e o deporte, así como representantes de asociacions e colectivos sociais de toda a provincia, compartiron coa Presidenta da institución a “decidida aposta pola igualdade” que, dixo Silva, “será una seña de identidade deste Goberno, así como o noso compromiso de deixar os despachos e saír a rúa”.

 

A Presidenta da Deputación provincial mostrou a sua emoción pola extraordinaria acollida da convocatoria e destacou “o talento das mulleres pontevedresas que eu non penso desaproveitar, polo que a partires de agora serán visibles e protagonistas en todas as políticas da institución”.

 

Carmela Silva invitou as mulleres da provincia a reunirse con ela para “falar de todo” e reiterou a sua disposición de emprender dende o primeiro día un cambio radical para abrir as portas da institución e que as propostas dos cidadans entren na Deputación. “Só un político imbécil e escuro non recoñece que os mellores proxectos e as mellores ideas saen sempre da sociedade”

“Non hai futuro sen nós”
Comentarios