jueves. 28.03.2024

A Concellaría de Patrimonio histórico en colaboración coa de Parques e Xardíns reporá nestes días catro camelios da praza da Ferraría. Substituirán a outros tantos exemplares que tiveron que ser retirados nestas semanas porque estaban secos.


Situaranse en distintos puntos da praza, que tamén se completará con outros elementos de mobiliario urbano. En concreto, dous bancos que se colocarán na parte baixa da praza, xunto aos soportales da rúa San Román.

Novos camelios para a praza da Ferraría