miércoles 8/12/21

O alcalde de Catoira representa o itinerario cultural dos viquingos na cerimonia de entrega dos premios Carlos V presidida polo Rei Delipe VI

O alcalde de Catoira, Alberto García, asistiu esta mañá á cerimonia de entrega do premio Carlos V, que concedeu a Fundación Academia Europea e Iberoamericana de Yuste aos Itinerarios Culturais do Consello de Europa. O acto, que estivo presidido polo Rei Felipe VI, celebrouse no Real Monasterio de Yuste (Extremadura).

O Premio Europeo Carlos V distingue o labor daquelas persoas, organizacións, proxectos ou iniciativas que, co seu esforzo e dedicación, contribuísen ao coñecemento xeral e engrandecemento dos valores culturais, sociais, científicos e históricos de Europa, así como ao proceso de construción e integración europeas.

De entre os nomeados, o xurado decantouse finalmente polos Itinerarios Culturais do Consello de Europa, entre os que se encontra o Itinerario Cultural dos Viquingos, do que forma parte o Concello de Catoira. O xurado valorou o seu traballo en favor da cooperación na investigación e desenvolvemento; e a posta en valor da memoria, historia e o patrimonio europeo.

alberto-catoira-rey-2

O alcalde de Catoira foi designado polo comité directivo da DVA como “representante e embaixador” da Ruta dos Viquingos nesta cerimonia. O premio foi recollido polo secretario xeral do Consello de Europa, Thorbjørn Jagland. Ao acto foron convidados os representantes de todos os itinerarios culturais e asistiron tamén destacados membros de diversas institucións, como Carmen Calvo, Ana Pastor ou Guillermo Fernández Vara.

O alcalde de Catoira representa o itinerario cultural dos viquingos na cerimonia de...
Comentarios