martes 30/11/21
Pontevedra

O alcalde destaca a nova conexión sur como forma de facer cidade

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores acompañado dos concelleiros Luís Bará e Carmen Fouces visitou esta mañá as obras do desdobramento da avenida de Vigo, así como os traballos de mellora que se están a realizar na avenida da Estación, que xa están practicamente rematados.

O alcalde manifestou que “a cidade medra e integra o sur con calidade urbana e cunha construcción de calidade como se merece esta zona”. Indicou que “estamos moi contentos porque as obras están moi adiantadas, de feito xa están traballando nas beirarrúas da avenida de Vigo, na marxe esquerda, en dirección saída da cidade”.

Tamén indicou que esta obra “supón un cambio substancial da zona sur da cidade, que permitirá mellorar a conexión co río Gafos”, xa que está a facer unha gran senda próxima ao río, que conectará coa parte máis urbana a través dunha pasarela de madeira que irá por baixo da actual avenida da Estación. A esta mellora súmanselle outras como a da avenida da Estación ou a rotonda que unirá ambolas dúas rúas e que mellorará o tráfico de autobuses.

Aínda que non hai data de remate, os traballos poderían concluírse a finais de primavera ou inicios do verán. De todos os xeitos as anualidades económicas da avenida están orzamentadas até o ano 2016.

O alcalde destaca a nova conexión sur como forma de facer cidade
Comentarios