lunes. 15.08.2022

O cartel da XVI edición da Festa do Pan recoñecido co 1º premio no concurso de carteis de Xantar

O Concello de Ribadumia informa que onte se deron a coñecer os gañadores dos premios do concurso de carteis que cada ano se realiza durante a Feira Xantar en Ourense. A dito concurso se presentaron máis dunha treintena de carteis de festas gastronómicas repartidas por toda Galicia.

O Concello de Ribadumia informa que onte se deron a coñecer os gañadores dos premios do concurso de carteis que cada ano se realiza durante a Feira Xantar en Ourense. A dito concurso se presentaron máis dunha treintena de carteis de festas gastronómicas repartidas por toda Galicia. E o resultado foi que o xurado entregou tres premios, sendo o 1º premio para o cartel da XVI Festa do Pan do Salnés do Concello de Ribadumia.

 

Festa que se celebra todos os anos o 2º sábado de agosto e que acolle a un millar de persoas entorno a Carballeira de Ribadumia e a tradición da moenda. Por méritos propios, por suposto, cabe citar e destacar o papel do creador de dito cartel, Pepe de Noia. Pepe de Noia, veciño de Ribadumia e pintor, é o autor non só dos últimos carteis da Festa do Pan, se non tamén da imaxe da Festa do Tinto dende hai numerosos anos.

 

Ademáis de destacar que as súas obras forman parte de diferentes exposicións en varios puntos da provincia. Aproveitamos así a ocasión para agradecer a súa labor coa realización destes carteis, así como agradecer unha vez máis a todos os que colaboran cada ano coa Festa do Pan para que todo saia ben, e Ribadumia sexa punto de encontro para os turistas e visitantes.

O cartel da XVI edición da Festa do Pan recoñecido co 1º premio no concurso de carteis...
Comentarios