domingo 17/10/21
Elecciones Municipales

O Comité Electoral Provincial informa da candidatura de Elena Muñoz en Vigo e propón a Jacobo Moreira para Pontevedra

O Comité Electoral Provincial do PP de Pontevedra, trala reunión mantida esta tarde na sede provincial, decidiu informar favorablemente ao Comité Electoral Rexional da proposta recibida do Comité Electoral de Vigo, na que se propón a Elena Muñoz Fonteriz como candidata do Partido Popular á alcaldía da cidade para as próximas eleccións municipais.

Así mesmo, e no tocante ao candidato do Partido Popular de Pontevedra para as eleccións do 24 de maio, o Comité Electoral Provincial acordou propoñer a Jacobo Moreira Ferro como cabeza de lista do Partido Popular na capital da provincia e así llo traslada tamén ao Comité Electoral Rexional para que valore esta decisión e a traslade ao Comité Electoral Nacional.

Comentarios