O Concello de Catoira informa que está aberto o prazo de inscrición no obradoiro de defensa pesoal ante situacións de violencia de xénero que se vai impartir o sábado 11 de maio no Edificio Multiusos entre as 16:30 e as 20:30 horas.
O obradoiro consta de dúas partes. Unha parte teórica na que intervirán un sarxento da Garda Civil responsable do seguemento de vítimas de violencia de xénero, que falará das actuacións policiais e da APP Alert Corps; e Marcela Santorum, psicóloga experta en violencia de xénero, que presentará os recursos dispoñibles para as vítimas de violencia de xénero.
Na parte práctica, instrutores de defensa pesoal da Garda Civil ensinarán ás participantes a aplicación práctica das manobras de defensa. A participación no obradoiro é gratuíta. As persoas interesadas deberán inscribirse no Departamento de Servizos Sociais antes do 10 de maio.