lunes. 15.08.2022

O Concello de Ribadumia continúa co plan de renovación da rede wifi pública

O Concello de Ribadumia informa de que, coa pretensión de mellorar o acceso de veciños e veciñas do municipio á rede wifi pública, está a piques de rematar o proxecto para a apertura de canles que permitan a instalación de fibra óptica. O Concello está a realizar, dende comezos deste 2018, todas as obras necesarias para a mellora e renovación da rede wifi no núcleo urbano de Barrantes, rede que permitirá o acceso público e gratuíto á intenet.

O proxecto, que deu comezo o pasado ano, pretende solucionar os problemas da rede existente dende 2007, sen funcionar polo deterioro dos repetidores. Ademais, nesta ocasión a conexión farase mediante a fibra óptica, o que permitirá un acceso á rede máis rápido e con menos problemas de conectividade. As obras atópanse xa a piques de rematar nas zonas da Avenida Bouza Martín, na Rúa Valle Inclán, na Rúa Mimosas e no Calexón Loureiro, cun presuposto que ascende aos 12.300,41€.

Destes, 7.481,56 están destinados ás canalización subterráneas, 860,99 a instalacións e limpeza das arquetas e 200 á xestión dos residuos ocasionados. Tras a realización deste traballo, os alumnos do Obradoiro Tecnolóxico do Salnés, que se ven impartindo na Casa da Cultura de Ribadumia dende o pasado mes de setembro, levarán a cabo a instalación da fibra óptica no desenvolvemento das súas prácticas.

O Concello de Ribadumia continúa co plan de renovación da rede wifi pública
Comentarios