miércoles. 21.02.2024

O Concello de Valga recibiu este mediodía a insignia de prata do Museo do Pobo Galego polos seus 25 anos como socio desta entidade constituída en 1976 cos obxectivos de investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos.

 

O alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros Carmen Gómez, José Ángel Souto e Begoña Piñeiro asistiron en Santiago á Asemblea Xeral Ordinaria de socios do museo, no transcurso da cal se fixo entrega da distinción ao Concello en recoñecemento da súa colaboración e apoio constante á actividade do Museo do Pobo Galego, ao que está asociado dende 1994.

 

Foi o alcalde quen recolleu a insignia e un diploma conmemorativo de mans do presidente do Padroado, Justo Beramendi González. Beramendi agradeceu a Bello Maneiro a fidelidade do Concello de Valga durante o último cuarto de século, tempo no que ambas entidades compartiron o seu compriso coa defensa e promoción da cultura e da lingua galegas

O Concello de Valga recibe a insignia de prata do Museo Do Pobo Galego polos seus 25...