O Concello de Pontevedra está a negociar a compra da parcela de Malvar, na estrada vella de Marín. É unha parcela de 5.223 metros cadrados que se sumará á outras parcelas de Costas situadas no mesmo lugar e que permitiría abrir ao público unha superficie de máis de 14.000 metros cadrados coa posibilidade de dotar a cidade un novo espazo público que podería ter unha dotación deportiva lixeira (canchas para a práctica do deporte, por exemplo) ou unir a estrada vella de Marín coa autovía.
O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera explicou esta mañá que a Dirección Xeral de Costas leva varios meses en contacto co Concello de Pontevedra para tratar de recuperar varios terreos desta zona que cuxas concesións están caducadas. En concreto, trátase da parcela máis próxima á avenida de Marín, por detrás das antigas instalacións de Malvar.
Ante esta oportunidade e tamén ao coñecer que estaba en venta as vellas instalacións da constructora Malvar por parte da actual propietaria (o Banco Banesto-Santander), o Concello enviou a técnicos para coñecer as superficies e o estado das instalacións existentes. Ademais, o valor catastral da parcela supera os 330.000 euros, e na actualidade o propietario solicita 109.000 euros pola parcela.
Mosquera aclarou que se trata dunha grande oportunidade para o Concello adquirir esta parcela para continuar abrindo a cidade ao mar, así como para evitar futuras especulacións con este terreo que no caso de ser expropiado podería chegar a incrementar o seu valor en varios centos de miles de euros.
Aclarou o concelleiro que as construccións actuais atópanse nun elevado estado de deterioro polo que habería que derruílas. Pero esta decisións e outras futuras, pasan aínda pola compra que podería materializarse nos vindeiros dous ou tres meses.