viernes. 19.04.2024

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Benestar Social Municipal renova este ano a súa colaboración coa Fundación do Secretariado Xitano cunha contribución de 23.650 euros para soster os programas de Educación no que se inclúe o programa Promociona, así como o programa Acceder de apoio á insercción laboral. Esta contribución tamén serve para o programa de obradoiros de ocio interculturais.


A concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces explicou esta mañá que o Concello leva traballando co Secretariado Xitano dende o ano 2001, e pouco a pouco foi ampliándose esta colaboración para mellorar as condicións de vida e culturais da etnia xitana.


O Concello pretende apoiar programas de forte vinculación social como o seguimento escolar, o de apoio á integración laboral.


Segundo os datos do Secretariado Xitano no Concello, dende o 2001 a Fundación atendeu nos baixos da Casazul a 478 usuarios e acadáronse 867 contratos.


Neste ano 2014, a Fundación traballou con 147 persoas ao longo do ano e formáronse 60 en ditintas accións. Ademais conseguíronse 40 contratos de traballo.


Ao respecto dos programas de Educación, a Fundación traballou con 13 centros de ensino, fixo seguimento a 87 alumnos de 53 familias e houbo unha media de 25 nenos nas aulas de reforzo educativo. No programa Promociona que busca conseguir taxas máis altas de éxito académico, a Fundación traballou con 15 alumnos, os cales 10 eran mulleres.


No programa de obradoiros do ocio interculturais participaron 28 nenos.


Día internacional do pobo xitano


Por outro lado e con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano, que se celebrou onte, 8 de abril, a Fundación Secretariado Xitano de Pontevedra inaugurou no CEIP San Benito de Lérez a exposición fotográfica “O futuro dos xóvenes xitanos escríbese cos seus soños”.


É unha exposición froito da Xornada de Portas Abertas que a Fundación celebrou en xuño do ano pasado para presentar o programa Promociona, e clausurar o curso escolar 2013/14.


Esta exposición pódese visitar en horario escolar.

O Concello renova a colaboración co Secretariado Xitano