sábado. 20.04.2024

O Concello de Pontevedra recibiu esta mañá a oferta da inmobiliaria do Banco Santander, actual propietaria do solar de Malvar, na estrada vella de Marín. Trátase dunha parcela de 5.080 metros cadrados que ten un valor de 109.000 euros.

Segundo explicou esta mañá o portavoz do Goberno, Raimundo González esta parcela sumaríase á que é propiedade de Costas na mesma zona e que ten unha superficie de 9.000 metros cadrados e que permitiría acondicionar a zona como espazo de esparcemento e lecer, ademais de continuar abrindo á cidade ao mar.


O portavoz do Goberno explicou que unha vez recibida a oferta da empresa poderase abrir o expediente e solicitar os informes que sexan pertinentes para concluír na compra desta parcela, tal e como anunciara o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera.

O Concello xa ten a oferta do solar de Malvar