martes 30/11/21

O Ministerio de Emprego recoñece o compromiso da Deputación a prol do emprego xuvenil e concédelle un selo de calidade

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social vén de recoñecer o compromiso da Deputación de Pontevedra co emprego xuvenil concedéndolle o selo de entidade adherida á Estratexia de Emprendemento e Emprego Xuvenil 2013-2016.

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social vén de recoñecer o compromiso da Deputación de Pontevedra co emprego xuvenil concedéndolle o selo de entidade adherida á Estratexia de Emprendemento e Emprego Xuvenil 2013-2016.

Con este selo, o ministerio valora o esforzo que a Administración Provincial está a facer a prol da inserción laboral dos mozos e mozas a través dos diversos Plans de Práctica Laboral, que permitiron xa a máis de 1.000 titulados universitarios e de ciclos medios e superiores traballar por primeira vez no ámbito profesional para o que se formaron.

Este selo supón un recoñecemento da calidade das iniciativas da Administración provincial a prol do emprego xuvenil e a adecuación das mesmas aos criterios da estratexia nacional, pero implica tamén o compromiso da Deputación de manter esta liña de traballo, como xa está a facer co novo Plan de Práctica Laboral que vai supor o acceso a unha bolsa de emprego de entre 400 e 500 novos bolseiros.

A Estratexia de Emprendemento e Emprego Xuvenil 2013-2016 busca mellorar a empregabilidade da xuventude, nun momento no que o desemprego entre os máis novos acadou cotas alarmantes.

Os eixes desta iniciativa son incentivar a contratación e a iniciativa empresarial entre os mozos, adecuar a educación e a formación que reciben á realidade do mercado de traballo e reducir a taxa de abandono escolar temperá.

O Ministerio de Emprego recoñece o compromiso da Deputación a prol do emprego xuvenil e...
Comentarios