viernes. 29.03.2024
Trátase de 500 paneis mosaico que conformarán unha escultura de 3 metros de alto

O pintor José Solla supervisa na Escola de Canteiros a obra en pedra dos seus debuxos xeroglíficos, que se plasmarán nunha escultura en homenaxe ó Morrazo

A deputada Begoña Estévez mostroulle hoxe, na Escola de Canteiros da Deputación, ó escultor José Solla, natural de Marín e emigrado na Arxentina, as probas da reprodución en pedra dos seus deseños de debuxos xeroglíficos, que conformarán unha escultura de 3 m de alto en homenaxe ó Morrazo, a súa comarca natal.

A deputada Begoña Estévez mostroulle hoxe, na Escola de Canteiros da Deputación, ó escultor José Solla, natural de Marín e emigrado na Arxentina, as probas da reprodución en pedra dos seus deseños de debuxos xeroglíficos, que conformarán unha escultura de 3 m de alto en homenaxe ó Morrazo, a súa comarca natal.


Na visita ó centro de formación profesional da Deputación, o pintor estivo acompañado polo alcalde de Bueu, Félix Juncal; probablemente será nesta localidade onde se instale o proxecto do pintor.


A complexidade do traballo proposto dilatará o período da realización do traballo, que será superior a un ano. As dificultades derivan de plasmar en pedra 500 paneis mosaico que conformarán unha escultura de 3 m de alto, con gravados polas súas catro caras, que ilustrarán unha historia en homenaxe ás xentes da comarca.


Despois de comprobar o acabado técnico dunha mostra realizada cun dos paneis, e de analizar o custo, o tempo e outras particularidades do que sería o traballo final, a Deputación concretará o proxecto definitivo deste traballo, que non só terá un gran valor sentimental, cultural e social para os veciños do Morrazo senón que reforzará os atractivos turísticos da comarca.


O pintor José Solla é natural de Castro, lugar da parroquia de Seixo, Marín, e vive desde 1950 na Arxentina, aínda que pasa longas tempadas na súa terra natal, coa que nunca perdeu o vencello.


No seu país de acollida goza dun recoñecido prestixio no mundo da arte e da cultura, xa que estudou na Escola Superior de Artes Visuais Martín Malharro de Bos Aires e foi alumno do reputado mestre arxentino Demetrio Urruchúa. A obra de Solla atópase nos principais museos do país e forma parte de distintas coleccións públicas e privadas. Residiu e traballou en Mar del Plata e en Bos Aires.

O pintor José Solla supervisa na Escola de Canteiros a obra en pedra dos seus debuxos...