jueves. 18.04.2024

A Xunta Directiva do Partido Popular reúnese este luns co obxectivo de analizar futuras iniciativas que permitan a Pontevedra poñer fin aos pésimos resultados en materia de emprego que ven acumulando nos últimos tempos.

 

“Cunha taxa que se aproxima ao 29%, o goberno local ten a obriga de buscar saída a este problema e deixar de mirar caro outro lado”, advirte Jacobo Moreira. Para o Partido Popular a consigna adoptada polos nacionalistas de non asumir competencias en materia de emprego non pode servir como escusa para evitar que os pontevedreses se sumen á recuperación. Mentres que outros municipios comezan a ver saída á crise, Pontevedra segue sen contar coa base necesaria para poder subirse a este carro.

 

“Unha situación que non cambiará mentres o equipo de goberno de Lores non asuma a súa responsabilidade propiciando os factores necesarios para que Pontevedra camiñe cara o futuro”, apuntou o presidente local do Partido Popular.

 

Á ausencia dun novo P.X.O.M. que permita crear solo industrial para o asentamento de novas empresas súmase a falta de implicación do goberno local que négase a admitir que o paro non só é o problema dos pontevedreses, senón o problema do Concello de Pontevedra. Unha vez analizadas as medidas necesarias para paliar o desemprego, a formación encabezada por Jacobo Moreira comezará a poñelas en práctica, tratando de implicar a todas as partes afectadas porque o fin último é conseguir que Pontevedra

 

O PP analiza medidas que permitan paliar o desemprego en Pontevedra