lunes 25/10/21

O PP arranca o compromiso municipal polo saneamento da Ría de Pontevedra

A pesar da reticencia amosada tanto por nacionalistas como polos concelleiros do PSOE, finalmente aprobouse a moción presentada polo GMPP para instar ao goberno local a adherirse ao Plan de Saneamento Local e colaborar con Augas de Galicia neste asunto.

A pesar da reticencia amosada ao longo das súas intervencións durante o Pleno celebrado este luns, finalmente o goberno local amosou o seu apoio á moción presentada polo Partido Popular que tiña como obxectivo lograr o compromiso do Concello de Pontevedra de adherirse ao Plan de Saneamento Local da Ría de Pontevedra.

 

“Tras dezaseis anos de nulidade, urxe un compromiso férreo do actual goberno de apostar polo saneamento da nosa Ría”, sinalou Jacobo Moreira que considera que “tanto Lores como o seu socio de goberno non se están tomando en serio este asunto. Mostra diso é que no apartado de investimentos, de 11 millóns tan só 400.000 euros asígnanse a este asunto”. “Ao Partido Popular preocúpalle o saneamento da Ría de Pontevedra. É necesario dar un paso adiante entre todas as administracións, traballar conxuntamente e en positivo. Debemos poñernos de acordo e apostar polo saneamento integral tan necesario para o noso río e a nosa Ría”, advertiu.

 

“Os vertidos ao Lérez, a falta de saneamento en moitas parroquias de Pontevedra e os desbordamentos da depuradora de Os Praceres son os principais causantes do estado crítico no que se atopa a Ría de Pontevedra”, avanzou Jacobo Moreira que considera “lóxico que Augas de Galicia, antes de dar unha solución ao problema, precise coñecer o estado das redes municipais de saneamento”, indicou Jacobo Moreira.

 

Por outra banda, cando a penas quedan vinte días para a celebración do Día das Letras Galegas, que neste ano 2015 homenaxea ao pontevedrés Filgueira Valverde, o goberno local aínda non determinou o calendario de actos e actividades que ten pensado celebrar, a pesar de que a concelleira Ana Isabel Vázquez preguntou expresamente por este asunto.

Comentarios