lunes 23/5/22

O goberno de Lores rexeita a moción presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular na que se esixía unha rebaixa na taxa do lixo, al menos o 10% que, dende Xaneiro, lle reduce Sogama ao Concello de Pontevedra. “Trátase dunha proposta razoable e urxente que debería aprobarse sen máis, porque se a empresa lle reduce o custo ao Concello, esta rebaixa debería repercutir nos veciños de Pontevedra”, advertiu Jacobo Moreira no Pleno Municipal celebrado este martes.

 

Ademais, o presidente local do Partido Popular lembrou que o equipo de goberno está a levar a cabo unha subida encuberta dos impostos, posto que se o IPC do ano anterior foi negativo, o Concello de Pontevedra debería rebaixar os impostos e taxas que lle cobran aos cidadáns. “No ano 2001, os veciños de Pontevedra pagaban 11 euros cada dous meses polo recibo do lixo, actualmente este importe ascende a 22 euros”, sinalou Jacobo Moreira, “a subida realizada o pasado ano por Sogama, dun 34%, repercutiu nun 92,4% nos contribuíntes, mentres que o Concello tan só se fixo cargo do 7,6% restante. Polo que o coherente sería que, agora que a empresa encargada da recollida do lixo reduce o custo, esta rebaixa se lle aplica aos pontevedreses”, engadiu o presidente local do Partido Popular.

 

No 2014, Lores declarouse insubmiso ao canon establecido por Sogama e non abonou o incremento do 34% fixado pola empresa. Tras varios litixios, a realidade é que dende o pasado mes de marzo, o Concello de Pontevedra aumentou en 809.000 euros a súa débeda con esta empresa, a pesar de que a subida si repercutiu nos petos dos pontevedreses. Ante esta situación, o Partido Popular segue cuestionando o destino dos cartos que o Concello cobrou aos pontevedreses pero que, polo contrario, non abonou a Sogama. Jacobo Moreira lamenta a falta de criterio do bipartito neste asunto, que define como “o tasazo de Lores”, porque en lugar de buscar iniciativas para frear o desemprego dos veciños de Pontevedra continúa subíndolles os impostos.

O PP de Pontevedra denuncia que o goberno de Lores rexeita rebaixar o recibo do lixo...
Comentarios