viernes. 29.03.2024

O Partido Popular de Pontevedra lamenta o favoritismo que está amosando o goberno de Lores coa empresa encargada de urbanizar os terreos da antiga fábrica de Tafisa. Así o manifestaron os concelleiros, Ricardo Aguilar e Pablo Fernández tras a Comisión de Urbanismo celebrada este martes.

 

“Lores debería ter a mesma condescendencia co resto de veciños de Pontevedra que solicitan una prórroga e se lles denega”, advertiu Ricardo Aguilar, “o pasado 28 de febreiro cumpriuse o prazo de 4 meses de prórroga que solicitou esta empresa ao goberno local, para finalizar os traballos de urbanización dos terreos de Tafisa, e agora concédenlles unha nova prórroga”, engadiu o concelleiro.

 

Durante a Comisión de Urbanismo celebrada hoxe, os concelleiros do Partido Popular preguntaron ao goberno local si existía algún documento que xustificase esta nova prórroga de 15 días, “pero non quedou claro, no mellor dos casos debe haber un acordo verbal entre o Concello e a empresa”, sinalou Aguilar quen advertiu que “o asunto dos terreos de Tafisa é un cúmulo de despropósitos do goberno de Lores dende 2003”. Ante esta situación, Ricardo Aguilar entende que “o único que quere facer o goberno de Lores é confundir.

 

Confundir aos veciños e á oposición na xestión de asuntos tan importantes como a urbanización dos terreos da antiga fábrica de Tafisa ou co futuro edificio xudicial”. “Os terreos para a construción do novo edifico xudicial non están cedidos, a pesar de que hai uns días o goberno de Lores tratase de enganarnos dicindo que había luz verde”, sinalou o concelleiro. “A realidade é que Lores e o seu goberno volven a mentir unha vez máis, do mesmo modo que o fixeron en 2011 cando aseguraron que xa ían entregar os terreos, e que as obras do novo edificio xudicial comezarían en 2012. Pasaron xa case tres anos e nada de nada”, sentenciou Ricardo Aguilar.

 

Solicitude Comisión Informativa

Na mesma rolda de prensa, o concelleiro Pablo Fernandéz avanzou que o Partido Popular vén de solicitar a celebración dunha Comisión Informativa Extraordinaria para que o goberno de Lores explique as actuacións que levaron a cabo en relación co Proxecto Prácticas en Empresas II. A pasada semana, o Partido Popular denunciou a existencia de irregularidades no cobro da remuneración das prácticas por parte dos participantes neste proxecto. Aos 182 becarios prometéronlles unha remuneración de 375 euros mensuais polos traballos desempeñados. Pero polo momento tan só recibiron 49 euros, a pesar de que están a piques de rematar as súas prácticas.

O PP lamenta o trato de favor que ten Lores coa empresa encargada de urbanizar os...