lunes. 15.08.2022

O xurado elixe aos gañadores do II Concurso fotográfico e o II Concurso artístico Infantil Concello de Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa que, con motivo da celebración da “II Xornada Internacional da Camelia” no Pazo Quinteiro da Cruz, se están a celebrar no municipio varios actos relacionados con esta temática.

O Concello de Ribadumia informa que, con motivo da celebración da “II Xornada Internacional da Camelia” no Pazo Quinteiro da Cruz, se están a celebrar no municipio varios actos relacionados con esta temática. Neste sentido, produciuse xa a elección por parte do xurado dos gañadores do “II Concurso Fotográfico Concello de Ribadumia”, así como do “II Concurso Artístico Infantil Concello de Ribadumia”, ambos baixo o tema da camelia.

 

Durante a deliberación ,os membros do xurado, formado por un representante do Pazo Quinteiro da Cruz, dous membros da Asociación de fotografía Ollares de Portonovo e un representante do Concello, elixiron o primeiro e segundo premio en cada un dos certames. En canto ao certame infantil, cabe destacar que, nesta edición, o xurado non puido decantarse claramente por un sub-campión, producíndose un empate.

 

É por iso que o Concello decidiu conceder dous segundos premios. Os galardóns serán entregados aos gañadores o vindeiro domingo, día 25 de febreiro, ás 19:00 horas, no Auditorio de Ribadumia. As fotografías e os traballos presentados estarán expostos ao público no Auditorio Municipal de Ribadumia, así como na web do Concello e nas redes sociais oficiais. Ademais, o gañador desfrutará dun vale de 50 euros, mentres que quen acadara o segundo lugar recibirá un curso de fotografía valorado en 40 euros. Os gañadores no concurso Artístico Infantil, así mesmo, desfrutarán dun vale de 50 € no caso do primeiro premio, e un vale de 40€ para os segundos clasificados.

O xurado elixe aos gañadores do II Concurso fotográfico e o II Concurso artístico...
Comentarios