O Museo de Pontevedra organiza tres obradoiros infantís de Restauración, en colaboración coa Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Os participantes poderán coñecer de primeira man o labor realizado por estes profesionais da arte e familiarizarse con pezas de pintura, escultura e arqueoloxía. Para participar será preciso anotarse previamente na Secretaría do Museo, no teléfono 986 804 100 (ext. 424369) ou no correo electrónico [email protected].
Todo o material facilitarase no mesmo espazo dos obradoiros.
OBRADOIRO DE PINTURA:
Data: sábado 18 de abril, de 11.30 a 13.00 h Idade: de 5 a 7 anos Prazas: 12 Contido: eliminar repintaduras e gouache sobre óleo/lenzo
OBRADOIRO DE ESCULTURA:
Data: sábado 25 de abril, de 11.30 a 13.00 h Idade: de 8 a 12 anos Prazas: 12 Contido: reintegrar faltas en escultura e limpar esculturas de escaiola
OBRADOIRO DE ARQUEOLOXÍA:
Data: sábado 9 de maio, de 11.30 a 13.00 h Idade: de 8 a 12 anos Prazas: 12 Contido: traballo de reconstrución de tarros e moldes de petróglifos de escaiola www.museo.depo.es