sábado 4/12/21
Pontevedra

Oito bandas participarán o vindeiro 11 de abril nunha nova edición do Fest Novas

Esta tarde reuniuse o xurado do Fest organizado polo Local de Música, e que se celebrará o vindeiro 11 de abril. Da selección do xurado, os grupos que participarán nesta edición do Fest son:

Esta tarde reuniuse o xurado do Fest organizado polo Local de Música, e que se celebrará o vindeiro 11 de abril. Da selección do xurado, os grupos que participarán nesta edición do Fest son:


The Soul Breakers Onion Smile Marvel PoP Cora Sayers La Casa de los ingleses Test Hammer Rëisk HAL 9000


O Fest é unha proposta da Concellería de Xuventude, a través do Local de Música, para promover a escena musical emerxente. Busca pór en valor a creación musicial de base nun espazo tan emblemático da cidade como o Teatro principal.


Os obxectivos principais son:


Presentar á comunidade unha mostra da escena musical independente nun espazo emblemático e representativo da cidade.


Ofrecer aos grupos noveis oportunidades para darse a coñecer e desenvolver a súa carreira artística. Ofrecer aos grupos participantes a oportunidade de conseguir un material audiovisual especial e relevante que apoie á súa estratexia promoción.  

Oito bandas participarán o vindeiro 11 de abril nunha nova edición do Fest Novas
Comentarios