domingo. 23.03.2025

A quinta edición da ruta concurso “Tapa á Anguía”, que se celebrará na terceira fin de semana de agosto dentro do programa de actividades da XXVIII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, ten aberto o prazo de inscrición para os bares e restaurantes de Valga.

 

Os establecementos participantes deberán presentar unha única tapa na que o ingrediente principal será a anguía e servirana aos seus clientes de xeito gratuíto coas consumicións os días 18 e 19 de agosto tanto ao mediodía como á noite.

 

Será o Concello o que lles facilite e anguía xa limpa para que os cociñeiros poidan preparar as receitas. O prazo para comunicar á Concellería de Cultura o interese en participar nesta ruta remata o vindeiro venres 3 de agosto.

 

As persoas que, durante a fin de semana da "Tapa á Anguía", completen a ruta ou que reúnan cando menos cinco selos doutros tantos bares poderán votar polo seu pincho preferido nas urnas que haberá nos propios locais de hostalería e, deste xeito, entrarán no sorteo de dez vales de compra de 30 euros para gastar nos comercios de Valga.

 

A votación popular terá un peso do 50% na elección da tapa gañadora, mentras que o outro 50% recaerá sobre un xurado que percorrerá todos os establecementos participantes para degustar as súas preparacións. O bar que elabore a mellor receita recibirá o Mandil de Ouro e o segundo e terceiros clasificados, os mandís de Prata e Bronce.

Os bares e restaurantes de Valga poden inscribirse ata o 3 de agosto na quinta ruta de...