viernes. 19.04.2024

Na súa intención de acadar a máxima participación cidadá e que esta poda consensuar unha postura pública sobre a permanencia ou non de ENCE na ría de Pontevedra, o Círculo Podemos da cidade inaugura esta semana o segundo ciclo de relatorios, debates e coloquios sobre a pasteira dos que salienta o altísimo nivel académico e profesional dos seus ponentes.

 

As ponencias -que se van realizar entre o 15 de xaneiro e o 10 de febreiro na sede de Podemos Pontevedra e outras localizacións- son abertas a toda a cidadanía, con entrada de balde e coa intencionalidade da participación cidadana e de que xurdan o máximo número de criterios obxectivos, rigurosos e equilibrados fronte as posturas que podan representar.

 

Membros do Círculo Podemos Pontevedra explicaron que os obxectivos destos relatorios son: identificar os distintos posicionamentos entorno á sustentabilidade ambiental de ENCE-ELNOSA; analizar a problemática transversal da factoría na ría de Pontevedra; coñecer as múltiples realidades entorno á factoría pontevedresa e profundizar no papel da cidadanía no seu futuro inmediato; divulgar a trascendencia social, económica, ambiental e política de ENCE-ELNOSA na ría de Pontevedra e proporcionar un espazo de posta en común e debate aberto ao diálogo directo.

 

En definitiva, “dispoñer da información máis concreta, seria, profunda e obxectiva posible, sen estereotipos nen posturas preconcebidas, para tomar unha decisión como Círculo Podemos Pontevedra sobre a problemática de ENCE”.

 

Como matizan, “quisemos ter a maior presenza de protagonistas e elementos de xuizo para chegar a unha opinión o máis consensuada posible, rigurosa, seria, etc e a todos os niveles: económico, social, medioambiental e de todas as persoas e colectivos implicados, incluidos os vecinos e non só de Pontevedra, senon tamén de Marín, Poio…”.

 

O Círculo Podemos Pontevedra xa está a organizar os bloques 3 e 4 destas xornadas. “Unha vez que concluan todos estos relatorios entraremos en Podemos Pontevedra a debatir toda a información para tomar unha decisión como colectivo e unha postura sobre a problemática de ENCE” porque, como concluen, “non é que non exista información e non é que non esté clara a situación legal de ENCE-ELNOSA. Hai todo tipo de sentenzas, pero ainda non se ten tomada unha decisión institucional e a fábrica segue aberta”. Neste segundo bloque de ponencias participan:

 

- 15 de xaneiro, xoves na sede de Podemos as 20.00 horas: Alberto de Coó. Biólogo e investigador, disertará sobre os impactos económicos, sociais e medioambientais da actividade de ENCE na ría de Pontevedra, coa ponencia, ENCE: Impacto ambiental e socio-económico no mundo do mar da ría de Pontevedra.

 

- 27 de xaneiro, martes. (Por confirmar en Casa das Campás. Se anunciará públicamente): Claudio Quintillán. Experto no ámbito forestal, medioambiental, cooperativismo e economía social. Presidente da Comunidade de Montes de Combarro, portavoz da Organización Galega de Montes Comunais e presidente da Agrupación de Comunidades de Montes en Man Común do Monte Castrove.

 

- 5 de febreiro, xoves. (Por confirmar en Casa das Campas. Se anunciará públicamente): Ricardo Prego Reboredo. Dr. en química pola Universidade de Santiago. Investigador no Instituto de Investigacións Marinas do CSIC. Formou parte do plan de investigación da Ría de Pontevedra coa Universidade de Vigo e o Instituto de Oceanografía. Participa coa ponencia, A ría de Pontevedra, entre a riqueza e a fraxilidade: algunhas consideracións oceanográficas para a súa xestión ambiental.

 

- 10 de febreiro, martes. (Por confirmar en Casa das Campás. Se anunciará públicamente): representante de ENCE. Antonio Casal Lago, ingeniero industrial, forma parte da plantilla da factoría dende hai 20 anos).

Podemos Pontevedra traballa na problemática de ENCE na ría de Pontevedra